O 30 de outubro de 1920 arrincaba en Ourense a revista Nós. Boletín mensual da cultura galega e un dos proxectos culturais decisivos da Galicia contemporánea.
Entre 1920 e 1936, "Nós" enfiou a tradición
cultural galega coa modernidade e conectou o país cos movementos
intelectuais da Europa do momento, e foi o órgano de expresión dunha
xeración que marcou, co seu legado, o xeito no que comprendemos Galicia.
Na Cidade da Cultura, no Museo Centro Gaiás, pódese visitar a exposición: "Galicia, de Nós a Nós", do 2 de Outubro ao 17 de Xaneiro de 2021; dentro das actividades programadas para o XACOBEO 2021.
No hay comentarios:
Publicar un comentario