23/4/09

Premio Cervantes 2009: Juan Marsé




Podes atopar na BPM de Corcubión a obra de Juan Marsé:
"El embrujo de Shangai" (1993):

"No ano 1993 recibe o Premio da Crítica e máis tarde foi adaptada ó cine no 2002 por Fernando Trueba. Estremecedora fábula sobre os soños e as derrotas de nenos e adultos, asfixiados polo aire gris do presente. Na Barcelona da posguerra -espacio mítico onde transcorren as novelas de Marsé-, o capitán Blay, coa súa cabeza vendada e as súas suspicacias sobre os escapes de gas que están a piques de facer voar a cidade, paséase polo barrio abatido, acompañado polos espectros dos seus fillos mortos.
O pequeno Daniel escóltao a través das rúas póstumas, nas que coñecerá ós irmáns Chacón, que custodian a entrada da casa na que convalece Susana, unha nena enferma dos pulmóns, filla de Anita e de Forcat, revolucionario fuxido do país.
Chegará á casa un amigo e compañeiro de viaxe de Forcat, que narrará aos nenos a arriscada aventura que o pai da nena emprendeu en Shanghai, enfrontado a nazis sanguinarios, pistoleiros sen piedade e mulleres fatais que lle salen ó paso nos máis sórdidos cabarets da ciudade prohibida.
Dono dunha extraordinaria forza evocadora e dun estilo deslumbrante, engastado nunha prosa transparente ademáis de hipnótica, Juan Marsé constrúe o que é unha das obras mestras das narrativas europeas de finais do século XX".


Actualmente, o escritor Juan Marsé traballa na novela que espera rematar este año. O seu último libro publicado é "Canciones de amor en el Lolita's Club" (2005), que hai dous anos levou ao cine Vicente Aranda.
Para ler un fragmento da obra pincha aquí: http://www.clubcultura.com/clubliteratura/clubescritores/marse/lolitasclub.pdf

Web oficial do autor:

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN