22/4/09


A UNESCO lanzou onte a "Biblioteca Digital Mundial" (BDM), un servizo que permite acceder gratuitamente, a través de Internet, aos fondos das grandes bibliotecas internacionais en varios idiomas.
A BDM permite consultar documentos conservados nas máis prestixiosas bibliotecas en calquera parte do mundo. Entre os múltiples tesouros culturais da nova biblioteca dixital figuran reproduccións da máis antiga caligrafía china, caligrafías árabes ou persas e antigas fotografías de América Latina.
Tamén se pode acceder a documentos tan curiosos como un corto de 1896 dos irmáns Lumiere.
Pódese realizar a investigación e navegación en sete idiomas: inglés, árabe, chino, español, francés, portugués e ruso, aínda que tamén hai documentos en moitas outras linguas. Ademáis de libros, tamén se poden consultar mapas, filmes e grabacións extraídos de bibliotecas nacionais.
Bibliotecas nacionais e institucións culturais de países como Arabia Saudita, Brasil, China, Exipto, Estados Unidos, Francia, Xapón, Gran Bretaña e Rusia. Sen olvidar o aporte de países como Marrocos, Uganda, Qatar, México e Eslovaquia.
Se pretende reunir a finais de 2009 a uns 60 países asociados.

Enderezo web: http://www.wdl.org/es

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN