30/10/09

50 anos de Astérix


Ó inicio dos anos 50 Uderzo traballaba na sucursal parisina dun estudo belga provedor de historias para revistas xuvenís. Aí coñece a Goscinny, quen voltaba de EEUU para facerse cargo da sucursal. Fóronse facendo amigos e, no ano 1958, os convocan á fundación da revista infantil Pilote, para a que tiñan que crear unha historieta. En agosto do ano seguinte deron con Vercingétorix, líder galo derrotado por Xulio César, e se preguntaron: ¿por qué non crear uns personaxes que se conxelen no ano 50 A.C.? Nun par de horas, din, xa tiñan creada toda a aldea.
Dous anos despois do nº1 de Pilote en 1959, que vende 200 mil exemplares, sae o album "Astérix o galo" cuns modestos 6 mil. Algúns lle aconsellaban non seguir, pero os amigos da aldea, cos seus anacronismos e ironías, foron prendendo: en 1967 "Astérix e os normandos" tivo unha tirada de 1.200.000 exemplares.

Podemos atopar as aventuras de Astérix traducidas en máis de cen linguas, ten o seu propio parque temático en Francia e filmes de animación e imaxe real.
O famosísimo galo cumpre este mes cincuenta anos, e para celebralo, o dia 22 de outubro saíron á venda tres millóns de exemplares do album nº 34 (na imaxe), do que din será o último debuxado por
Uderzo.
Web oficial: http://www.asterix.com/index.html.es





No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN