A Asociación Galega de Editores (AGE) organiza o
VI Simposio: o libro electrónico, presente e futuro,
que centrará a reflexión e o debate arredor do libro electrónico.
O presente e o futuro do novo formato serán abordados por diversos expertos e profesionais do sector do libro e as novas tecnoloxías durante os días 12 e 13 de novembro.
As sesións de traballo, ás que está previsto que asistan preto de 200 persoas, terán lugar no auditorio das instalacións do Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi.
O programa do simposio presentouse o 19 de outubro, data en que tamén comezou o prazo de inscrición para os interesados. A edición do ano 2008, co mundo das feiras e da internacionalización como protagonista, contou cunha listaxe de agarda de 50 persoas. As inscricións serán realizadas por orde de chegada. Asemade, os editores contan cun programa profesional para todos os axentes que interactúan na cadea do libro, seminario que terá lugar os día 16 e 17 de novembro na Biblioteca do CCG.
Santiago de Compostela, 12 e 13 de Novembro de 2009.
Deseño do Cartel: Jaime Asensi
Fonte: www.editoresgalegos.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario